Sunday 19 de May de 2024

A ITV móbil de ciclomotores estará este mes en Ordes


O Concello de Ordes pon en coñecemento de toda a veciñanza que o vindeiro 29 de xaneiro a unidade móbil de Inspección Técnica de Ciclomotores (ITV) prestará o seu servizo no municipio. Concretamente instalarase na nave de gando do Mesón do Vento de 9 a 13.30 horas.
Poderán pasar a súa inspección ciclomotores de dúas ou tres rodas, motocicletas e quads. Aquelas persoas que queiran solicitar cita previa poderán facelo chamando ao 902 309 000, ou ben a través da páxina web www.sycitv.com.